Premios acuBam Innovación 2017

logo premios

O obxectivo destes premios é promover e recoñecer as accións novas en tecnoloxías, produtos e servizos que estimulen a competitividade empresarial no sector verde

BASES:

Presentación

A 14ª Mostra Cultivos Baixo Miño 2017, que se celebrará o 4 e 5 de marzo do 2017, no pavillón de Goián (Tomiño) continúa no seu afán de conseguir chegar máis aló de ser un foro de intercambio comercial entre as empresas especializadas en planta ornamental, flor, tecnoloxía, paisaxe, xardín e sectores afíns. Por iso, o certame segue apoiando ás empresas e entidades punteiras do sector a través de ACUBAM INNOVACIÓN 2017.

Con esta iniciativa quérese destacar e mostrar aquelas propostas que aposten pola innovación e pola investigación nos diferentes sectores profesionais que compoñen a Mostra, para iso, as empresas, produtos e servizos seleccionados polo Comité de Valoración aparecerán expostos de maneira relevante na MOSTRA INNOVACIÓN 2017, un espazo destinado para ese efecto, dentro do recinto feiral, que se poderá visitar durante a celebración do certame e permitirá dar a coñecer ao visitante profesional e de maneira agrupada todas as innovacións que as empresas participantes presentan na Mostra. As empresas, produtos e servizos presentados optarán, á súa vez, aos PREMIOS ACUBAM INNOVACIÓN 2017.

Destinatarios

ACUBAM INNOVACIÓN 2017 diríxese a todas as empresas e entidades expositoras que teñan interese en dar a coñecer calquera tecnoloxía ou proxecto, produto ou servizo de carácter innovador nos sectores do ámbito do certame. Trátase dun servizo sen custo adicional para o expositor.

Formatos e Procedementos

1. Os interesados en participar deberán cumprimentar e entregar as solicitudes dentro do prazo de presentación estipulado. Non está limitado o número de innovacións a presentar polas empresas.
2. A empresa ou entidade que presente proxectos innovadores seleccionados polo Comité Técnico de Valoración de ACUBAM INNOVACIÓN 2017, non estará obrigada a revelar detalles que consideren da súa propiedade intelectual, sendo o único responsable da información e descricións que se mostren do mesmo.
3. Unha vez pechado o prazo de presentación das solicitudes, un Comité Técnico de Valoración, nomeado para ese efecto e integrado por destacados profesionais do ámbito de ACUBAM, seleccionará os proxectos ou produtos que constituirán a exposición conforme os criterios de aceptación.
4. Os produtos ou carteis explicativos aceptados serán expostos durante a celebración do certame nun lugar destinado para o efecto.
5. Os produtos e tecnoloxías seleccionadas optarán aos premios ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Comunicaremos os premios durante a semana anterior á celebración do certame para que o expositor premiado poida preparar a presentación do produto ou servizo no seu lugar da entrega dos diplomas.

 

Os premios estarán dotados de diploma acreditativo e serán entregados durante a celebración do certame. Constitúense os seguintes premios:

- PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría Planta e Flor

- PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría Tecnoloxía

- PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría kiwi

- PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría horta

- PREMIO ACUBAM INNOVACIÓN 2017. Categoría Bricojardín

 

Criterios de Avaliación

Valoraranse os proxectos innovadores en situación precompetitiva, ou comercializados por primeira vez nos dous últimos anos. Atenderase á relevancia e grao de innovación científica, tecnolóxica e de comercialización con respecto a servizos ou produtos homólogos existentes no mercado. Valorarase a dificultade de obtención da innovación presentada e o esforzo técnico achegado á súa consecución pola empresa concursante. Considerarase a repercusión ou grao de contribución do proxecto sobre o ámbito de actuación do certame.
Outros: Terase en conta o estado de desenvolvemento do proxecto (estudo, piloto, comercialización, etc.), viabilidade e aplicación do proxecto na empresa, repercusión na competitividade empresarial, etc.

Forma e Prazo de presentación de solicitudes

A solicitude presentarase conforme ao seguinte formulario

http://www.acubam.org/inscripcion/inscripcion_galego.php ata o 03 de febreiro.

NOTA: Os produtos e tecnoloxías seleccionados deberán ser depositados para a súa exposición o día 3 de marzo 2017, de 10 a 14 h., no espazo de Pavillón de Goián, onde se celebra o certame.

Aquí serán recepcionados polo equipo de Acubam INNOVACION. A recollida realizarase o 5 de marzo 2017 á finalización do certame.

Pincha no seguinte enlace para DESCARGAR as bases: Premios Acubam Innovación 2017 actualizado gz

Moita sorte e grazas pola túa participación.

en Novas por adminmostra Deixar un comentario

Deixar un comentario


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.