O Programa “Cos Pés na Terra” da Escola EU RURAL comeza o seu itinerario formativo

IMG_2995

“Enxertos en plantas de verán” é a primeira actividade dun calendario cheo de accións relacionadas co sector agrícola e forestal

Este primeiro curso desenvólvese entre o Salón de Plenos do Concello de Tomiño e Viveiros Nilo, onde ten lugar a parte práctica.

A Asociación de Desenvolvemento Eu Rural irá desenvolvendo o seu itinerario formativo ao longo do que resta de ano e do primeiro trimestre do 2018. Todos os cursos son de balde, así que se tes interese nalgunha das materias a impartir podes inscribirte en www.eurural.org.

Os vindeiros cursos tratarán temas como:

  • Preparación de solos e podas para especies froiteiras atlánticas,
  • Ferramentas útiles para o emprendemento,
  • O control de pragas en cultivos,
  • O uso eficiente da auga,
  • Networking sobre vendas,
  • Enxertos en plantas de inverno.

 

A maiores de todas estas accións teórico-prácticas, a programación complétase cunha visita a Asturias, onde as persoas participantes poderán coñecer de primeira man a xestión das especies froiteiras na Comunidade veciña.

Todas as accións terán lugar gracias á promoción da ADR MAIV – Baixo Miño e á financiación ao 75% polo FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e contan coa colaboración do Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM. “Cos pés na terra” é un Programa que persigue fomentar o desenvolvemento do medio rural por medio da información e da sensibilización en materia agrícola, e está dirixido a tódalas persoas interesadas do territorio que poden facer as súas inscricións a través da páxina web da ADR Eu Rural, www.eurural.org.

en Novas por adminmostra Deixar un comentario

Deixar un comentario


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.