la foto 14

A Feira Internacional de Floricultura (IFTF) e a Royal Flora Holland, citas imprescindibles para o sector

Do 8 ao 10 de novembro o noso socio Manuel Bacelo estivo en Holanda visitando as dúas feiras.

Cal é a diferenza entre as feiras?

A IFTF é unha feira internacional dedicada á tecnoloxía, importación e exportación de flores, estacas e maquinaria auxiliar. A Royal Flora Holland é unha feira máis orientada ós produtores holandeses de planta en maceta e flor de corte. Hai tamén accesorios para a decoración, planta artificial, flor seca, etc. Cada ano os produtores e os exportadores invisten máis diñeiro na presentación dos seus produtos para facer máis atractiva a venta ó consumidor final. O produto xa está terminado e decorado, para que as florerías e os garden centers xa non teñan que facelo para que no momento que o reciben xa está listo para a venta.

Como atopaches o ambiente?

Levo indo toda a vida a Royal Flora Holland e non me defraudou. Había moita, moita xente, compradores de todo o mundo. Eu localicei cinco ou seis produtos para probar nas miñas instalacións e logo poder vender na zona. 

Que ías buscando?

Novas variedades en estacas para eu probar aquí e subministrar aos clientes da zona. Sempre hai novidades que poder mercar. Ata begonias perfumadas había este ano. 

Que novidades destacarías?

O helleborus, como planta para enmacetar, e un gran oferta empresarial de rosas tanto de procedencia holandesa como de Colombia, Ecuador e Kenia.

en Novas por adminmostra Deixar un comentario

Deixar un comentario


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.