Benvida

_39B0010SAÚDA DA ALCALDESA DE TOMIÑO

“Moita xente pequena en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo”
Eduardo Galeano

A Primavera en Tomiño sempre é anunciada pola Mostra de Cultivos. Este encontro do viveirismo non só pon en valor o sector punteiro da comarca, senón que nos lembra que Tomiño é o maior produtor de planta ornamental de Galicia.

O viveirismo tomiñés non é un suceso recente, é un fenómeno cun longo percorrido. Os seus inicios atopámolos cando nos albores do século XX Juan Peixoto estableceu o seu viveiro no barrio de San Lourenzo. Hoxe aquel modesto viveiro no que traballaba toda a familia, son dúas importantes empresas que producen e comercializan as súas plantas e árbores.

A Mostra de Cultivos é unha feira que nos lembra a transcendencia do viveirismo na comarca, o seu empuxe económico e a súa capacidade de sobrevivir en fortes recesións. A Mostra tamén nos lembra a riqueza deste espazo fronteirizo alumiñado polo Miño do que sae o 60% da planta exportada polo estado español.

Non é estraño, pois, atoparnos con plantas producidas por viveiros tomiñeses en Copenhague ou en Múnich. A produción agraria tomiñesa está distribuída por toda a xeografía europea e o seu peso cada vez adquire maior relevancia. Así nas principais feiras internacionais Tomiño sempre está representado por ACUBAM e polas súas empresas, que son motivo de orgullo para nós.

A xuntanza deste sector en ACUBAM é motivo de éxitos e, pese a súa corta andaina, ten sabido facerse un oco no tecido asociativo. A unión do viveirismo tenos volto a demostrar que as grandes fazañas son grazas ao traballo de moitas mans.

Ventura, un ano máis, á Mostra de Cultivos!

 

 


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.