acubam
Fortalecidos pola enerxía positiva, que xera a alegría de chegar a esta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, iníciase un novo proxecto de futuro e de unión entre os empresarios relacionados co sector agrícola co nacemento de acuBam, Asociación Cultivos do Baixo Miño.

Co maior respecto cara a todas as directivas, que permitiron que hoxe sexa unha realidade chegar a esta décima edición da Mostra, dende a presente directiva, sentimos a obriga de dar un paso á fronte e crear esta asociación empresarial que acolle a todos os sectores relacionados coa Nai Terra da que vivimos, así, forman parte desta, empresas hortícolas, produtoras de flor cortada, viveiros, e todo o grupo de empresas auxiliares que estas necesitan, como son máquinaria, rego, fitosanitarias e como non, de transporte.

A filosofía que nutre este equipo de traballo, enriquécese da cooperación empresarial, buscando os mecanismos, que aseguren que este medio de vida que os nosos predecesores instalaron na contorna do pai Miño, continúe séndoo nestes duros tempos que estamos a vivir, e desenvolva as ferramentas necesarias para continuar presentes no mercado empresarial, adaptándose aos continuos cambios e esixencias aos que está sometido.

As nosas metas máis ambiciosas, pasan pola posta en valor do noso sector, a revalorización do aproveitamento da Terra como medio de vida e en definitiva ,la educación dos nenos e mozos cara a un respecto e amor pola terra que nos rodea, a auga que nos rega e o sol que nos dá enerxía nesta nosa bisbarra.

Sen máis, esperamos ser capaces de transmitir está enerxía positiva que a creado acuBam, de tal forma que continúe a adhesión de novas empresas dando maior fortaleza a este proxecto.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.