acuBam visita Holanda

grootgroen

Do 4 ao 6 de outubro celebrouse en Holanda a GrootGroenPlus, un feira de planta xoven

Na GrootGroenPlus déronse cita moitos asociados de acuBam buscando novidades para traer ao Baixo Miño.

Óscar Vaquero, de Colorfull grasses, cóntanos que “era a primeira vez que acudía e sorprendeume. Eran pequenos e tamén grandes produtores de planta xoven de Holanda principalmente, algún belga e francés tamén”.

¿Que foi o que te levou a visitar a feira?

Buscar novos cultivos para testar e ensaiar no meu viveiro. Algunha nova variedade de gramínea ornamental, que é a liña de produtos na que máis estou investindo. Quería coñecer as novidades de provedores que xa teño de cara a traballar novos cultivos. É un traballo de investigación, non vai dar froitos a curto prazo. Estas plantas poderían saír ao mercado, se pasan con éxito a fase de probas, como moi cedo en 2019.

Natalia Peixoto, de Viveros Nilo, tamén visitou a GrootGroenPlus.

¿Era a primeira vez que acudías?

Non, xa fun a ano pasado. É unha feira moi interesante, pequena pero moi ben organizada. Está distribuída de tal xeito que pasas por todos os stands, isto é unha garantía para o expositor e unha comodidade para o visitante, nunca te perdes.

Con que expectativas ías?

Principalmente buscaba contacto con novos provedores para comprar variedades de planta que non se fan en España, ou se fan moi pouco, que son novas para a nosa zona.

Atopaches o que buscabas?

Non cerrei ningunha compra pero si teño varios cultivos novos en vista. Teño que estudar as opcións que podo cultivar aquí.

en Novas por adminmostra Deixar un comentario

Deixar un comentario


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.