Premios acuBam Innovación 2017 a Cultivos Casaíta

Sin título-1

Cultivos Casaíta presentou tres innovacións

No seu afán por fomentar a innovación e investigación constante, acuBam acaba de editar “Premios acuBam Innovación 2017″. Unha publicación que plasma con fichas técnicas e fotografías as innovacións presentadas na segunda edición dos “Premios acuBam Innovación”. Os produtos e servizos premiados estiveron expostos na pasada Mostra Cultivos Baixo Miño 2017. Foron dezasete os proxectos presentados e imos ir debullando empresa a empresa as súas innovacións.

Hoxe é o turno de Cultivos Casaíta, que presentou tres innovacións:

  1. Eucaliptus gunnii “France blue”.

Variedade nova de eucaliptus, de 2 m. de altura, que saíu ao mercado en 2015 introducida en España por Cultivos Casaíta.

  1. Ginkgo Biloba “Troll”.

Ten 1,90 m. de altura. É un dos Ginkgos máis bonitos e compactos, inxertado alto, árbore introducida en España por Cultivos Casaíta.

  1. Cercis Canadiensis “Ruby Falls”.

Inxertada con crecemento péndula de folla caduca. Ademais da súa floración espectacular que ten no mes de marzo, as súas follas son de cor púrpura intensa. Árbore introducida en España por Cultivos Casaíta. Ten 1,80 m. de altura.

en Novas por adminmostra Deixar un comentario

Deixar un comentario


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.